
¿QUE É A CONFEDERACIÓN?
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade é un marco de coordinación e de representación conxunta dos distintos Fondos de Cooperación e Solidariedade existentes no Estado español en todas as temáticas que, pola súa importancia, afectan aos seus intereses comúns.
ORIXES
A Confederación de Fondos naceu o 19 de setembro de 1995, froito da ampla coincidencia de formulacións existente entre os diferentes Fondos de Cooperación a pesar da súa diversidade de orixes, para reunir os Fondos legalmente constituídos e asumir a súa representación conxunta, respectando en todo momento a independencia e identidade propia de cada membro.
Os seus membros fundadores son:
- Fons Català de Cooperació al Desenvolupament.
- Euskal Fondoa. Asociación de Entidades Locales Vascas Cooperantes.
- Fons Valencià per la Solidaritat.
- Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació.
- Fons Menorquí de Cooperació.
OBXECTIVOS
As tarefas propias da Confederación enmárcanse nos seguintes obxectivos:
- Agrupar os Fondos legalmente constituídos e asumir a súa representación conxunta, adoptando as resolucións que pola súa importancia afecten aos intereses destes.
- Contribuír a impulsar a cooperación descentralizada dentro e fóra dos ámbitos territoriais dos seus membros.
- Coordinar as accións para conseguir unha aprendizaxe mutua.
- Ser interlocutor ante as institucións estatais, europeas e internacionais con formulacións coincidentes.
- Promover actividades compartidas de cooperación internacional ao desenvolvemento.
ÓRGANOS DE GOBERNO E ADMINISTRACIÓN
Os órganos de goberno da Confederación son a Asemblea Xeral e o Consello Confederal.
- A Asemblea Xeral é o órgano supremo da Confederación de Fondos e está constituída por todos os Fondos que a integran. No seu seo os acordos tómanse por consenso dos seus membros e son de obrigado cumprimento para todos os asociados.
- Consello Confederal é o órgano estatutario de goberno e administración da Confederación, elixido pola Asemblea Xeral por un período de catro anos e formado por un representante de cada Fondo membro. Actualmente os cargos están distribuídos do seguinte xeito, sendo o representante o /a presidente/a dos respectivos Fondos:
Juan Antonio González Pérez. Alcalde de Nigrán
Presidencia: FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
María Consuelo Angulo Luna. Tenente de alcalde de Xátiva
Vicepresidencia: FONS VALENCIÀ PER LA SOLIDARITAT
María Teresa París Blanco. Concelleira de Redondela
Secretaría: FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Ana Ribas Alonso. Concelleira de Sant Josep de sa Talaia
Tesourería: FONS PITIÚS DE COOPERACIÓ
Rosario Cordero Martin. Presidenta da Deputación de Cáceres
Vogalía A: FELCODE, FONDO EXTREMEÑO LOCAL PARA LA COOPERACIÓN AL DESARROLLO
Ignacio Caraballo Romero. Presidente da Deputación de Huelva
Vogalía B: FAMSI, FONDO ANDALUZ DE MUNICIPIOS PARA LA SOLIDARIDAD INTERNACIONAL
Meritxell Budó i Pla. Alcaldesa da Garriga
Vogalía C: FONS CATALÀ DE COOPERACIÓ AL DESENVOLUPAMENT
Maite Etxebarria. Alcaldesa de Abanto-Zierbena
Vogalía D: EUSKAL FONDOA-ASOCIACIÓN DE ENTIDADES VASCAS COOPERANTES
Joan Verger Rosiñol. Alcalde de Montuïri
Vogalía E: FONS MALLORQUÍ DE SOLIDARITAT I COOPERACIÓ
Teresa Borrás Atienza. Concelleira de Sant Lluís
Vogalía F: FONS MENORQUÍ DE COOPERACIÓ