Skip to main content

Información disponible solamente en castellano

O Fons Valencià clausura o programa “Especialista Municipal Voluntario/a 2018” con persoal de diversas áreas.

11 de abril de 2019
A VII edición do programa “Especialista Municipal Voluntario/a 2018” do Fons Valencià viviu onte a xornada de clausura despois de moitos meses de traballo e reuniú a representantes de tódalas institucións, organizacións e administracións implicadas neste traballo de cooperación internacional. A xornada que tivo lugar este mércores, 10 de abril no salón de Plenos do Concello de Valencia, contou coa presencia de Neus Fábregas, concejala de Cooperación e Migracións do Concello de Valencia, Antonia Moreno, Directora da Dirección Xeral de Cooperación e Solidaridade da Generalitat Valenciana e Xelo Angulo, Presidenta do Fons Valencià per la Solidaritat, quenes deron a benvida institucional ao acto a todas as persoas presentes. Neste punto inicial, a presidenta do Fons, Xelo Angulo quiso agradecer a presencia a todas e todos os que “fixeron posible este traballo conxunto tan beneficioso para as contrapartes do sur e tan enriquecedor para as persoas que participaron do programa EMV”. En total, son mais dunha treintena de Especialistas Municipais Voluntarios que participaron nesta edición os que quixeron estar presentes nesta posta en común de experiencias vividas en terreno coas diferentes contrapartes coas que traballa o Fons nos países do Sur como: Ecuador, O Salvador, Guatemala e Bolivia. A orde de participación das diferentes mesas de traballo permitiu ouvir unha grande variedade de exposicións e de experiencias ao redor de diferentes sectores, como medio ambiente, turismo, agricultura, xénero ou gastronomía, todos eles vistos dende a perspectiva da cooperación. Nas diferentes mesas de traballo, extraeronse conclusións moi positivas e constructivas de cara a próximas edicións do programa.Por exemplo, na primeira delas, moderada por Camila Miraudo, técnica de Cooperación Internacional do Fons, un dos participantes foi Daniel Chicano, educador social do Concello de Xátiva que traballou no fortalecemento dos equipos técnicos xuvenís en 6 municipios da Chiquitanía e na zona guaraya de Bolivia coa contraparte PROCESO Servicios Educativos ONGD. Chicano manifestou que “voltaria sen pensalo a Bolivia, coa xente que me acolleu dende o primeiro momento como se fora un mais da familia” Na segunda mesa, moderada por Eduard Gay, técnico do Concello de Polinyà de Xúquer e tamén participante na edición 2018 como EMV, ou María Alcaraz técnica de desnvolvemento local do Concello de Montesa, quen a modo de anécdota e entre risas do público asistente e dos compañeiras/os indicou que cando lle preguntaban polo seu estado civil respostaba “eu son voluntaria” para engadir despois “é unha forma de entender a vida e con esta experiencia reafirmo a miña opinión”. Na derradeira mesa da xornada, o moderador foi Pere Climent, técnico do Concello de Valencia quen deu paso a Juan Rodrigo Sanfélix, Oficial de Policía Local de València, Amador Giménez, Inspector do Corpo de Bombeiros de València, Joaquín Vilches e Miguel Cervera, Suboficial e Sarxento do Corpo de Bombeiros de València e participantes nun intercambio có corpo de Bombeiros de Cotacachi, Ecuador. Os tres coincidiron que nesta actuación “non é extraña entre os corpos de bombeiros de todo o mundo e sempre resulta unha maneira diferente de aprender mututamente os uns dos outros de aquello que facemos ben e de aquelo que podemos mellorar”. Para rematar a xornada, realizouse a entrega de certificados a todas/os Especialistas Municipais Voluntarios/as desta sétima edición da man de concelleiras/os dos municipios ou mancomunidades dos que proviñan os participantes. E o caso de Valencia, Torrent, Sueca, Polinyà de Xúquer, Elx, Ontinyent, Xaló, Gandia, Catarroja, Montesa i Xàtiva. Como representante da Dirección Xeral de Cooperación da Generalitat Valenciana na entrega destos certificados participou a subdirectora do departamento Lourdes Sanchis. Neste proxecto cofinanciado pola Dirección Xeral de Cooperación e Solidaridade da Generalitat Valenciana, terá seguro continuidade nos próximos anos, como manifestou Pere Climet na despedida do acto, porqué “significa unha aposta de futuro pola cooperación e a solidaridad e a solidaridade, ademáis de manifestar a nosa intención de conseguir un mundo mais xusto e sostible.