Skip to main content

Información disponible solamente en castellano

Nadia Ghulam regresa aos institutos menorquís

2 de abril de 2019
A escritora Nadia Ghulam, activista polos Dereitos Humanos en Afganistán, estivo en Menorca convidada polo Fons Menorquí de Cooperació para impartir diversas charlas nos institutos de educación secundaria de Maó sobre o seu libro “El secreto de mi turbante” (2010). Os alumnos dos diferentes institutos puidéronlle preguntar sobre os diversos interrogantes que lles xurdiron na lectura da obra, na que explica cómo se fixo pasar polo seu defunto irmán durante dez anos para evadir as prohibicións do réxime talibán contra as mulleres. O Fons Menorquí de Cooperació organiza esta actividade dende fai uns anos a petición dos centros de secundaria, que emprega o libro de Ghulam como material de lectura. Quen é Nadia Ghulam? Nadia Ghulam (Kabul, Afganistán, 1985) é un claro exemplo de superación persoal, de coraxe e de valentía. No 1991, durante a guerra civil afgana, resultou malferida cando a casa da familia Ghulam foi destruida por unha bomba. Saiu do hospital, seis meses e catorce operación despois, con cicatrices no rostro que a marcaron para o resto da vida. Naqueles momentos os talibáns lograron o control do país e , a raíz da guerra, a súa familia perdeu todo. O seu irmán morrera, e o seu pai atopabase nun estado precario de saúde, e nen ela nen as súas irmáns ou a nai podían traballar polo feito de ser mulleres. Neste momento, á idade de once anos, decidiu mudar de identidade e facerse pasar polo seu irmán Zelmai, para poder traballar e alimentar a súa familia. No 2006, grazas a Asociación para os Dereitos Humanos en Afganistán (ASDHA), chega a Barcelona, cidade na que vive actualmente cos seus pais adoptivos. Atopase implicada en diferentes iniciativas co fin de axudar ao seu país, ademáis de aprender catalán, informática, integración social e materias que teñen que ver coa calidade do traballo das ONG. Ademais de El secreto de mi turbante, escribiu Cuentos que me curaron (2014), con Juan Soler, e La primera estrella de la noche (2016).