A semana pasada o Fons Catalá de Cooperación celebrou a 40ª Asamblea Xeral do Fons, onde foi elexido o novo presidente na persoa do Sr Jordi Pubill i Sauquet, alcalde da Garriga, en sustitución de Meritxell Budó, que ocupou o cargo de presidenta do Fons Català os derradeiros 8 anos, e que actualmente foi nomeada Conselleira de Presidenta do Goberno da Generalitat de Catalunya.

O novo presidente, no seu discurso de presentación, agradeceu o traballo feito pola súa antecesora e apostou por políticas de cooperación eficientes e adaptadas aos novos tempos.

Pubill, foi concelleiro de Promoción Económica e Industria, Servizo Local de Emprego e Xuventude da Garriga.

Ademais da elección do novo presidente aprobáronse os seguintes puntos do orde do día.

  1. Sustitución presidencia.
  2. Aprobación da acta da 39ª Asamblea Xeral.
  3. Memoria de Actividades 2018.
  4. Peche contable do exercicio 2018 e presentación do informe de auditoría.
  5. Proposta do orzamento económico 2019.
  6. Proposta de proxectos de cooperación para aprobación.
  7. Outras cuestións.

Pechou o acto o Sr. Manel Vila, Director Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento da Generalitat de Catalunya.