Skip to main content

Información disponible solamente en castellano

A Confederación impulsa o manifesto «Cooperación contra o coroavirus»

4 de Maio de 2020
A Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, que reúne a máis de 1.300 gobernos locais do Estado, lanza este xoves 30 de abril o manifesto «COOPERACIÓN CONTRA O COROAVIRUS». Esta declaración afirma que, nun contexto global, abandonar a poboación dos países do sur á súa sorte non é unha opción e propón que, unha vez se saia do estado de alarma nos nosos territorios, os esforzos se concentren novamente en axudar a outros pobos e países menos preparados para resistir os efectos do coroavirus. A presidenta da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, Núria Parlón, declarou que “esta pandemia pon a proba a toda unha xeración. Deles dependerá o futuro do mundo durante décadas”. A máxima responsable da Confederación asegurou que agora “máis que nunca hai que promover unha gobernanza global inspirada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Neste novo marco, a cooperación internacional ao desenvolvemento será estratéxica e os actores locais queremos ser protagonistas deste gran reto”. APOIO DE INSTITUCIÓNS E ELECTOS E APOSTA POLA COOPERACIÓ Nunha primeira fase, a vontade dos impulsores é recoller o máximo de adhesións de institucións locais e supralocais e o máximo de adhesións de persoas electas locais e supralocais. O obxectivo é visibilizar o apoio do municipalismo á cooperación ao desenvolvemento como instrumento efectivo e necesario para dar unha resposta ao desafío global xerado pola pandemia da COVID-19. Nunha segunda fase, este manifesto ten que servir para garantir o mantemento dos orzamentos de cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade internacional dos municipios e entes supramunicipais. Tamén é unha aposta para fortalecer os esforzos dos gobernos locais do sur e da sociedade civil nos países máis empobrecidos, en conflito violento ou que apoian ás persoas que se ven forzadas a migrar e buscan refuxio en terceiros países. Ante a ameaza da COVID-19, desde os Fondos de Cooperación apóstase por contribuír a evitar futuros rebrotes e conter o risco de extensión da próxima pandemia global. A súa actuación, segundo defenden, non só se limita á resposta sanitaria inmediata, senón que se basea especialmente no fortalecemento das capacidades locais na xestión de servizos básicos de proximidade para afrontar calquera crise global con impacto local. ➡️ Manifesto «cooperación contra o coroavirus» e formulario de adhesión para institución e cargos electos (clica aquí) 📸 World Bank Photo Collection. Creative Commons