Skip to main content

Información disponible solamente en castellano

A Confederación de Fondos de Cooperación reunímonos con representantes da Coordinadora Estatal de ONGD

28 de Xuño de 2019
Unha delegación da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade reuniuse na sede da Coordinadora de ONGD estatal. O pasado xoves, unha delegación de representantes de diferentes Fondos  Municipalistas integrados dentro da Confederación de Fondos de Cooperación e a Solidariedade, reunímonos con membros da Coordinadora Estatal de ONGD en Madrid. Neste encontro ademais de coñecer o traballo e organización de ambas entidades, compartimos os nosos principais desafíos en prol da cooperación descentralizada, e como conxuntamente podemos unificar esforzos entre os diferentes actores para poñer en valor a cooperación. Nesta reunión concretáronse algunhas actividades conxuntas, como a invitación por parte da Confederación de Fondos a que participe a Coordinadora de ONGD no Foro de Cooperación Descentralizada Española que se celebrará en Andalucía o próximo ano, así como crear unha mesa de diálogo periódico entre as entidades e participar conxuntamente en espazos de reflexión e incidencia. Todas estas accións realzan o papel das alianzas entre os actores que traballamos en cooperación para o desenvolvemento e xérannos espazos de aprendizaxe mutua.