Skip to main content

Información disponible solamente en castellano

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade organizou unha formación técnica en Ibiza.

24 de Outubro de 2018
O pasado 22 de outubro, a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade organizou unha formación sobre “Xestión económica e financeira da Cooperación Descentralizada”. Nesta formación participou tanto persoal técnico, como xerentes dos Fondos que forman parte da Confederación. Esta formación tiña como obxetivo compartir aprendizaxes e mellorar a xestión interna de cada un dos Fondos, fortalecendo o rigor técnico, a transparencia na xestión e a participación dos socios. Cada Fondo, compartiu os seus sistemas de xestión na área económico/financeira, ademáis de contar cunha xornada de formación con Rafael Garcia Maties, presidente da Municipalistas pola Solidariedade e o Fortalecemento Institucional, MUSOL, onde se expoñeron as novidades normativas aplicables ás políticas de cooperación internacional, principalmente respecto ás incidencias nos procedementos de xustificación de subvencións. Ao rematar a xornada, os diferentes dos Fondos de Cooperación e Solidariedade, tiveron unha reunión na que se traballou o plan conxunto da Confederación para o vindeiro ano.