Skip to main content

Información disponible solamente en castellano

A Confederación de Fondos de Cooperación debate nun encontro técnico as súas liñas estratéxicas

10 de Xuño de 2019
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade reuniuse os días 6 e 7 de xuño en Córdoba para traballar na elaboración da estratexia e dos seus obxetivos principais para o periodo 2019-2013. As e os xerentes dos nove Fondos que integran a Confederación debateron as futuras liñas de acción no escenario post-electoral. O primeiro día centrouse en reflexionar sobre as metas prioritarias para os próximos catro anos, así como no camiño para alcanzalas, ademais de reforzar o labor actual. As liñeas estratéxicas elaboradas someteranse á aprobación da Asamblea Xeral de Entidades Socias, que se celebrará no mes de novembro en Bilbao. Ademais, estableceuse un calendario de actividades para os próximos meses. A xornada do día 7 centrouse nun taller sobre redes de traballo, onde se intercambiou información sobre as alianzas nas que cada un dos Fondos está integrado e como estas experiencias pódense ampliar para traballar de maneira conxunta e ser máis eficaces na cooperación municipalista que levamos a cabo.